A oposición rexeita uns orzamentos sen medidas para paliar a crise

    plenoorzamentosribeira_100_310309.jpgRIBEIRA> O executivo sacou adiante o seu proxecto orzamentario, a pesar do desacordo da oposición que criticacou o continuismo dos presupostos.

    {flowplayer}barbanza/plenoorzamentosribeira.flv{/flowplayer}

    Os tres grupos políticos da oposición coincidiron en destacar o continuismo que supoñen estes orzamentos que non se adaptan á actual situación de crise económica. Neste sentido, tanto BNG como PSOE e IPdeR botan en falta medidas de carácter local que fomenten a creación de emprego ou a formación.

    Do mesmo xeito, os socialistas refírense á falla deste tipo de medidas así como a outras carencias que observan no documento orzamentario.

    Infraestruturas necesarias

    Os voceiros da oposición tamén coincidiron en destacar que boa parte das inversións reais corren a cargo doutras administracións. Aínda así, os proxectos que se van asumir non satisfacen ós edís, especialmente ós nacionalistas, que botan de menos partidas para executar infraestruturas moi necesarias para Ribeira.

    Unha vez máis, os partidos da oposición criticaron a falta de tempo con que o executivo presentou os orzamentos, o que lles impediu estudalos con detalle para a posible presentación de emendas. 

    Orzamentos realistas

    Pola súa banda, a voceira dos populares ribeireses defendeu o documento orzamentario destacando o seu carácter realista baseado na prudencia como principal criterio de previsión. Insistiu na contención do gasto corrente e no aumento do investimento para obra pública.

    A pesar do desacordo nos orzamentos, o resto da sesión plenaria estivo caracterizada pola unanimidade na maioría das votacións. Así aconteceu coa revisión do padrón municipal, a corrección de erros na incorporación de parcelas ó Inventario Municipal de Bens, a moción presentada polo PP para a mellora da pista entra Balteiro e Ventoso, ou a moción proposta polos independentes para a asunción dun plan de continxencia contra catástrofes na ría.

    Correccións

    Tamén se aprobaron co visto bo de tódolos grupos as mocións do BNG para aplicación da lei de memoria histórica a dotación de banda longa ó polígono de Xarás, aínda que se introduciron correccións en ámbalas dúas propostas.

    Na primeira modificouse o carácter urxente dado que existe un prazo, ata finais de ano, para a aplicación desta normativa e na segunda acordouse a constitución dunha comisión integrada polos grupos políticos, empresarios e técnicos da Xunta que determine a mellor alternativa para a incorporación das novas tecnoloxías.

    A única moción que non saíu adiante foi a a dotación dun polideportivo cuberto para Carreira que solicitaban os nacionalistas que decaeu polos votos en contra do PP.

    Renuncias

    Durante a sesión tamén se procedeu á lectura das cartas de renuncia de Dolores Fernández, Magdalena Domínguez e Vanesa Lijó ós cargos de concelleiras en substitución de Toño Novoa.

    Redacción Barbanza