Empregados de Maderas del Atlántico levan dous meses sen cobrar

    maderas_100.jpgVILAGARCÍA> Os empregados de Maderas del Atlántico denuncian que levan dous meses sen cobrar o seu salario e que tamén teñen pendente de cobro…

     {flowplayer}images/salnes/310309_maderas_del_atlantico.flv{/flowplayer}

    … os atrasos do ano pasado. Esta situación foi abordada nunha xuntanza que mantiveron onte a tarde no Auditorio de Vilagarcía, a onde corresponden estas imaxes, con representantes das tres forzas sindicais; Cig, UXT e CCOO. Como resultado do acordado nesta xuntanza, hoxe mesmo os anteditos sindicatos presentaron de forma conxunta unha denuncia ante a inspección de traballo para que faga un requerimento á empresa no que a inste a pagar a cantidade adebedada.

    Os sindicatos entenden que a empresa non paga malia non ter falla de liquidez para meter presión ós 114 empregados, logo de non conseguir que lles aprobasen a solicitude dun expediente de regulamentación de emprego. Neste denuncia as forzas sindicais tamén fixeron constar outras irregularidades que constataron neste colectivo, entre elas a falla de recoñecemento da categoría profesional dalgúns traballadores e da súa antigüidade neste grupo empresarial.

    Na reunión de onte a noite, os sindicatos tamén aportaron directrices de actuación por se medran as presións por parte da dirección da empresa cos traballadores. Neste caso, non se descartan as mobilizacións.

    A evolución deste conflicto será seguido de preto polos tres sindicatos que manterán un contacto fluído ca plantilla. Tamén está prevista unha nova xuntanza xeral entre as partes a mediados do mes que ven.

    Redacción Salnés