![]()
RIBEIRA> Máis de sesenta familias están a recibir o apoio da plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza para evitar a perda da súa vivenda.
{flowplayer}barbanza/aumentoexpedientesstopdesafiuzamentos.flv{/flowplayer}
A plataforma naceu hai oito meses co obxectivo de converterse en mediador entre as familias afectadas e as entidades bancarias para chegar a acordos que evitasen o desafiuzamento. Sen embargo, o aluvión de demandas e solicitudes de axuda fixo que na actualidade preste todo tipo de servizo principalmente asesoramento xurídico.
Ante o desbordamento a plataforma solicita que os concellos amplíen os servizos que xa prestan a estas familias. Consideran necesario que se habilite unha oficina de atencións ás vítimas de prácticas abusivas por parte dos bancos.
Mentres tanto, eles seguirán a prestar o asesoramento necesario e sobre todo a negociar cos bancos para evitar a execución hipotecaria. Aínda así insisten en que a solución pasa polo modificación da lei hipotecaria polo que apelan á boa vontade do goberno para a aprobación da iniciativa lexislativa popular.
Redacción Barbanza










