POBRA> Como é tradición cada 23 de febreiro a Pobra do Caramiñal renova a súa cita con Rosalía e por extensión coa lingua e coa cultura de Galicia.
Este ano ademais a concellería de Cultura decidiu involucrar nos actos organizados ós máis pequenos, que estiveron representados nesta ocasión polos alumnos do CEIP Pilar Maestú Sierra.
Acompañados das mestras de música, os cativos prepararon a súa peculiar versión dun dos poemas da autora padronesa, como é o ‘Adiós Ríos, Adiós Fontes’ que popularizou Amancio Prada.
Os actos continuaron tamén coa lectura doutro dos poemas da escritora, da man da edil de Cultura Patricia Lojo.
Como é tradición, o acto rematou coa tradicional ofrenda cívica realizada por unha representación das concelleiras da corporación baixo os acordes do himno galego.