Ribadumia homenaxea a Alfonsín cunha ofrenda floral e cunha misa

    ofrenda100.jpgRIBADUMIA> O ramo colocouse ao pé da placa que o político arxentino inaugurou, no ano 2003, durante a última visita que fixo ao municipio.

    Ao acto asistiron o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o vicepresidente da primeira institución provincial, José Juan Durán. Os alcaldes de Meaño, Cambados e Meis tamén estiveron presentes no acto de hoxe, no que se gardou un minuto de silencio en memoria do falecido.

    Raúl Alfonsín foi nomeado Fillo Predilecto da provincia e Gran Collar da Deputación pola atención que prestou aos veciños de Ribadumia, e de Pontevedra, emigrados en Arxentina. Agora a primeira institución provincial encargará un busto coa figura do político á Escola de Canteiros de Pontevedra. O busto lucirá en Ribadumia, segundo adiantou hoxe o presidente da Deputación, neste acto de homenaxe.

    A alcaldesa de Ribadumia presidiu este acto. Na súa intervención, Salomé Peña lamentou a perda dun cidadá ilustre que dignificou o nome de Ribadumia, ao outro lado do Atlántico.

    No homenaxe tamén estivo presente o ex presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Benito Vila. Este emigrante coñeceu de preto ao ex presidente arxentino, co que compartiu momentos moi agradables. Hoxe lamenta a perda dun gran home, e dun gran político.

    A este acto acudiron os familiares de Raúl Alfonsín, veciños de Ribadumia, que expresaron a súa dor e conmoción trala perda dun parente, exemplar.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/010409_actos_por_morte_alfonsin.flv{/flowplayer}