SALNES> A xunta de Galicia colaborará coa Mancomunidade do Salnés para arranxar o bombeo de Cabanelas. A administración autonómica farase cargo dunha obra valorada nun millón de euros e que permitirá substituír as tres bombas existentes para adecualas a un novo caudal de 56 litros por segundo. O proxecto permitirá evitar as verteduras contaminantes que chegan ao Umia.
A Xunta de Galicia e a mancomunidade do Salnés colaborarán para mellorar a rede de saneamento que afecta a Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia. O acordo acadado por ambas administracións permitirá que a Xunta invista un millón de euros no arranxo do bombeo de Cabanelas.
A importancia desta actuación está en frear as verteduras contaminantes que chegan ao río Umia.
A actuación se a primeira fase dun proxecto que se completará coa mellora do bombeo de Barrantes.
Á marxe destas obras, a mancomunidade tamén solicitou unha reunión á consellería para ampliación da súa planta de auga. Unas obras que esenciais para poder dar servizo a todas as persoas que visitan o Salnés durante o verán.