Desembarca en Vilanova a terceira edición do Rockin Vila

    VILANOVA> O rockin Vila xa está a descargar en Vilanova a súa terceira edición. Despois do lanzamento dun vídeo promocional que resultou viral, algúns dos integrantes da organización, admitiron que esta iniciativa céntrase en promocionar o rock en galego. 

     

    David, Borja, Manuel, Chazo, Fran, Adrián…e poderíamos seguir contando así a ata 50, xa que todos eles fan posible que a terceira edición do Rockin Vila, que se celebrará o venres e o sábado, en Vilanova, encha as rúas da vila de Valle Inclán de rock.

    Como novidade, nesta edición serán dous días de programación, ca que non haberá tempo para o descanso. O custe será de 4 euros para entrada anticipada, de 6 na billeteira e 5 para aqueles que teñen vixente o carné de mozo. Xa o ben un custe alcanzable para escoitar en directo os mellores grupos de rock en galego. 

    O Parque do Cabo será o enclave elixido para a celebración desta edición, e a zona de acampada estará ao lado do campo de fútbol. A Estación Marítima e a Terraza Ariño tamén serán testemuñas de algunhas actuacións. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/07/ptac_rockin_vila_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/07/ptac_rockin_vila.mp4{/flowplayer}