O Observatorio Costeiro Intetrado de Galicia obtén tres millóns de datos cada ano

VILANOVA> As conselleiras do mar e de medio ambiente visitaron a estación océano – meteorolóxica de Cortegada. Ambas consellerías traballan xuntas dende hai 10 anos neste proxecto que permite coñecer as condicións marítimas e climatolóxicas da costa galega. Grazas a estes estudos elabóranse estratexias medio ambientais e actuacións no sector da pesca.

Hai 10 anos as consellerías do Mar e de Medio Ambiente uniron os seus esforzos para crear un proxecto común co que obter un maior coñecemento da costa galega. Deste xeito Meteogalicia, Intecmar e Cetmar comezaron a traballar xuntas no Observatorio costeiro integral de Galicia. A súa información permite contribuír á xestión sustentable do medio ambiente e dos recursos mariños.

O observatorio está composto por 6 plataformas autonómicas fixas no mar, 43 estacións oceanográficas, un sistema radar de alta frecuencia e 70 estacións meteorolóxicas. As conselleiras visitaron hoxe a estación de Cortegada, unha plataforma na que se obteñen datos tan importantes como a temperatura do mar, o nivel de salinidade, a forza das correntes e o ruído mariño.

Toda a Información obtida é utilizada para establecer as estratexias medio ambientais e pesqueiras.

Galicia é unha das tres comunidades autónomas españolas que posúe un observatorio costeiro. Dende o centro tamén colaboran con outras institucións autonómicas e do norte de Portugal a través da rede Raia, dentro da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí