Enfrontadas por unha débeda de 60.000 euros

    denuncia_debeda100.jpgCAMBADOS> A seguinte historia sucedeu catro anos atrás, cando Milagros Sánchez lle prestou 60.000 euros a unha irmá …

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_debeda.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A seguinte historia sucedeu catro anos atrás, cando Milagros Sánchez lle prestou 60.000 euros a unha irmá para que pagase unhas débedas e formar xuntas unha S.L. A sociedade nunca se formou e os cartos non foron devoltos. Logo de diversas denuncias e reclamacións, esta mañá, Milagros acudiu ao Xulgado de Cambados en calidade de denunciada polo xeito de reclamarlle eses cartos á súa familia.

    Con chistera e un cartel co importe da débeda que acumulan a súa irmá e a súa parella, así se presenta Milagros Sánchez de cando en vez diante da porta da casa da súa familia. Isto custoulle unha denuncia do seu cuñado, pola que esta mañá foi declarar ao Xulgado de Cambados. Levan anos duramente enfrontados pola débeda que, pese a ter unha sentencia que lles obriga a pagar, non dan feito efectiva.

    Milagros prestoulle a súa irmá 60.000 euros que tiña a prazo fixo nun banco, para liquidar unhas débedas e formar xuntos unha sociedade limitada. A realidade foi que nin S.L. nin cartos, nin intereses de volta. Logo de case catro anos, as empresas de cobro que podía contratar Milagros, cobrábanlle o 40% dese importe, por iso tomou a decisión de facelo polos seus medios. A solución non se ve clara, Milagros confía en que a xustiza faga máis presión ao seu favor.

    Sen embargo, hoxe Milagros acudía ao Xulgado en calidade de denunciada, xa que o seu cuñado interpuxo unha denuncia alegando, segundo ela, que os seus fillos están a sufrir vergoña polo modo en que Milagros reclama os cartos. Non pensa esquecer o tema.

    Milagros ten á familia en contra, seus pais apoian á súa irmá, pero ela asegura que seguirá reclamando os seus cartos, pois son os aforros de toda unha vida traballando en Alemaña, a herdanza, segundo di, dos seus fillos e non se resigna a ver o elevado nivel económico do que goza a súa familia, mentres ela está a pasar apuros pagando os intereses duns cartos que xa hai tempo que non ten.

    Redacción Salnés