Os alumnos de Bacharelato Artístico de Carril exporán as súas obras

bacharelato_artistico100.jpgVILAGARCÍA> O IES de Carril celebra do 21 ó 25 a II Exposición do Bacharelato Artístico para difundir o futuro profesional destas ensinanzas.

{flowplayer}images/salnes/bacharelato_artistico.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O IES de Carril celebra a vindeira semana a segunda Exposición do Bacharelato Artístico para difundir o futuro profesional destas ensinanzas. Na actividade volve a colaborar a Concellería de Educación. A mostra poderase visitar do 21 ao 25 no Auditorio de Vilagarcía e comporase dos traballos realizados polos alumnos que cursan esta rama no centro de Carril.

O IES Miguel Ángel González é o único de todo o Salnés no que se imparte o Bacharelato Artístico, en concreto, dende o curso 2001-2002. O director do centro salientou que a mostra que farán a vindeira semana supón unha excelente oportunidade para que os alumnos empecen a sentirse artistas.

O profesor de Arte, Ciro Sánchez, comentou que a través do Bacharelato Artístico os alumnos poden acceder a calquera outro bacharelato, coa única excepción dos científicos. Ademais, permítelles orientar a súa formación posterior cara o deseño de moda, a fotografía, o interiorismo, o mundo audiovisual, as Belas Artes ou o deseño gráfico.

A exposición inaugurarase o vindeiro martes ás sete e media da tarde cunha performance realizada por cinco alumnas.

Redacción Salnés