Avanza o proceso para adxudicar novamente o saneamento na Rocha

    Este luns reuníase a mesa de contratación para volver a sacar a licitación o proxecto de saneamento da Rocha, na parroquia muradá de Serres. Esta actuación, enmarcada no POS de 2016, xa fora contratada pero a empresa adxudicataria renunciou o que implica iniciar o procedemento dende o principio. A renuncia da empresa obrigou a iniciar novamente o proceso de contratación dende a publicación dos pregos ata a presentación de ofertas para poder proceder á adxudicación da obra. Trátase dunha obra de gran importancia posto que permitirá dotar de saneamento ó núcleo da Rocha e eliminar un punto de vertido da Praia da Virxe, onde se empraza un dos principais bancos marisqueiros da ría muradá. Na reunión celebrada esta mañá procedeuse á apertura do sobre das ofertas presentadas polo que, unha vez valoradas, o concello agarda poder adxudicar a obra.