A firma barbanzá de moda D-Due tende pontes entre Galicia e Xapón

    RIANXO> A empresa textil D-Due, con sede en Rianxo, segue a traspasar fronteiras. Na actualidade, tenta abrirse camiño no mercado americano e consolidar a súa presenza no asiático. O presidente da multinacional HP France visitou as instalacións, acompañado do Conselleiro de Industria, para coñecer a súa nova colección. A aposta pola innovación no deseño, a calidade e a inspiración artesanal converteu á empresa de moda D-Due nun exemplo a seguir. Na actualidade, a firma asentada en Rianxo, exporta o setenta por cento da súa produción a mercados internacionais, con especial presenza no asiático. Precisamente, co obxectivo de reforzala, esta mañá recibía a visita do presidente de HP France, Takanao Muramatsu, interesado en coñecer a nova colección da firma e afondar, durante a súa visita, na cultura galega para promocionala en Japón. O presidente da multinacional estivo acompañado polo Conselleiro de Industria que destacou a necesidade de seguir tendendo pontes entre Galicia e Japón. A busca de novos mercados pon de manifesto unha crecente tendencia do sector téxtil galego cunha cada vez maior presenza internacional.