Telmo Martín: ‘O que nos preocupa é o que pode pasar despois da hora de peche dos locais’

SANXENXO> Dende hoxe o ocio nocturno poderá abrir ata as 3 da madrugada en municipios como Sanxenxo. O alcalde fai un chamamento a cumprir as normas ata esa hora no interior dos locais e a partir de aí tamén na rúa. Pide que non se formen aglomeracións e avanza un maior control por parte dos corpos de seguridade.

Pola súa banda, os profesionais do sector amósanse confiados no cumprimento dos protocolos por parte dos responsables dese tipo de negocios. O presidente de CETS coincide co alcalde en que o problema pode darse fóra dos locais, pero acabar impactando sobre o sector.

Apela ao cumprimento das normas por parte da xente para que non aconteza en Sanxenxo o que está pasando en Pontevedra.

Sobre a campaña turística, dende CETS manexan unha previsión de reservas entorno ao 70% en xullo e dun 80% en agosto. Segundo indican, ademais, practicamente o 100% dos establecementos hoteleiros do municipio están xa abertos e funcionando con normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí