Zona Centro incentiva as compras no comercio local co sorteo do Día da Nai

    zona_centro_dia_nai_100.jpgCAMBADOS> A asociación de comerciantes sorteará unha fin de semana de talasoterapia na Toxa, entre os seus clientes.

    Con esta iniciativa, trimestral, a asociación trata de incentivar as vendas no sector que, segundo o presidente do colectivo, estao a pasar moi mal. O gañador do sorteo recibirá como premio unha fin de semana de estancia no Hotel Louxo da Toxa, para dúas persoas. O premio inclúe unha habitación doble, almorzo e sesións de talasoterapia, para dúas persoas durante a fin de semana do 29 ao 31 de maio. 

    Cambados Zona Centro repartirá dous talonarios en cada un dos comercios asociados, que serán os encargados de entregar as rifas entre os clientes. A asociación de comerciantes trata de incentivar as vendas con este tipo de sorteos que premian a fidelidade dos clientes.

    Esta é a primeira iniciativa que organiza a asociación dende que Marcos César González abandonou a presidencia do colectivo para dedicarse por completo a dirixir o consorcio de comerciantes do Salnés. Un proxecto que engloba a tódolos comerciantes da comarca co obxectivo de loitar xuntos a prol do comercio local e en contra das grandes superficies.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/150409_campana_nai_cambados.flv{/flowplayer}