Un grupo de esqueletos ‘cometen asasinatos’ ás portas do Autoservicio Montse de Meis polo Samáin

MEIS> Os mortos volven resucitar para visitar o Autoservizo Montse de Meis. Como cada Samaín, o establecemento está adornado con decoración típica da época. Este ano na súa terraza atópanse un grupo de esqueletos cometendo asasinatos e un parque para aqueles outros que quedaron no esquecemento.

Os mortos volven resucitar un ano máis para visitar o Autoservizo Montse de Meis. Como cada Samaín, o establecemento ofrece unha decoración típica e moi elaborada con figuras propias desta época. Nesta ocasión o decorado divídese en dúas partes. Unha delas é un parque do esquecemento.

Na outra pode observarse a un grupo de esqueletos cometendo asasinatos.

Os decorados non teñen un significado concreto pero a veciñanza crea a súa propia teoría. Precisamente, eles son os que máis reclaman a presenza deste decorado. Todo é creado por Montse en preto de dúas semanas.

Ademais do exterior, o interior do establecemento tamén conta con numerosas sorpresas. Todo creado con devoción sen recibir ni nada a cambio. Unha devoción que lle leva tamén a organizar o concurso de cabazas.

E este ano como novidade, engade un concurso de disfraces.

A atracción dos decorados do autoservicio Montse de Meis non deixa de crecer. De feito, a autora xa está en conversas con veciños para preparar un decorado aínda máis grande e sorprendente o vindeiro ano.