A Illa pide ao Sergas máis cribados no municipio para frear a expansión do virus

AILLA>  A Illa de Arousa pide ao Sergas que realice máis cribados na vila. O estudo realizado aos menores de 24 anos deixou no municipio tan só un positivo. O número de casos activos estabilizouse hoxe tras varias semanas de aumento consecutivo.

A situación sanitaria da Illa de Arousa continuando sendo preocupante. A vila é nestes momentos o concello de Galicia con máis incidencia acumulada. O continuo crecemento dos casos positivos deu hoxe un respiro ao manter a mesma cifra que no día anterior.

A principal medida tomada na Illa foi a da realización dun cribado a todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 24 anos. Presentáronse máis do 65% e o resultado deixou tan só un positivo.

Con este resultado e para frear a expansión do virus na vila. O alcalde pide ao Sergas que aumente os cribados.

Dos 102 casos activos por covid na vila, só un dos contaxiados atópase hospitalizado, o resto recupéranse nos seus domicilios. O concello xa ten suspendidas todas as actividades culturais e deportivas. Ademais o goberno local mantense en contacto co xerente do Salnés para coñecer a evolución dos contaxios e tomar as medidas necesarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí