2.700 fogares de Cambados terán acceso á operadora de telefonía R

    r_cambados100.jpgCAMBADOS> A operadora de telefonía, televisión e internet investirá máis de dous millóns de euros en instalar a fibra óptica no municipio.

    Os veciños de Cambados disporán dos servizos da operadora de telefonía móbil, televisión e internet, R, a partires deste ano. Polo de agora, a empresa chega a uns 500 fogares e empresas do municipio, que serán 2.700 a finais do 2009.

    O tenente de alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e os directivos da empresa R anunciaron hoxe a expansión da operadora de telefonía, televisión e internet, no municipio. R investirá máis de dous millóns de euros en instalar as redes de fibra óptica no núcleo urbano de Cambados. As redes permitirán que 2.700 fogares e empresas do concello dispoñan dos servizos desta rede de telecomunicacións de última xeración, antes de final de ano. 

    Xa está rematada a primeira fase das obras previstas en Cambados. Quedan pendentes os traballos nalgunhas rúas que están á espera dos permisos de Patrimonio, polo seu valor arquitectónico. Estas rúas son a Avenida de Galicia, a Avenida de Vilariño e a Ribera de Fefiñáns. As rúas Pontevedra, Eduardo Pondal, Carballeira a Avenida de Pastora e a rúa San Francisco tamén forman parte da zona de expansión da operadora R, nos vindeiros meses. O tenente de alcalde advertiu sobre as peculiaridades de obrar en Cambados, por ser un conxunto artístico con plan especial de urbanismo.

    As obras abranguerán catro quilómetros, nos que se instalarán 5.000 metros de fibra óptica. A operadora de telefonía móbil ofrece aos seus clientes internet de 12 megas de velocidade, chamadas gratis a tódolos teléfonos fixos da operadora e televisión dixital, con 80 canles, por fibra óptica. Os residentes en Cambados que estean interesados nos servizos da operadora poden solicitalos chamando aos teléfonos 1449 ou 1545.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/160409_R_cambados.flv{/flowplayer}