O sector do mar reclama unha rebaixa no IVE do peixe

    CAMBADOS> O sector do mar reclama que se baixe o IVE do peixe ata no 4 %, tal e como xa se fai con outros productos de primeira necesidade.

    {flowplayer}images/salnes/baixa_ive_peixe.flv{/flowplayer}

    Unha petición unánime do sector que xa se trasladou ó Goberno Central.

    Tanto as praceiras como as súas compradoras coinciden en salientar que o peixe fresco é un producto alimenticio básico, co que debera contar cun imposto sobre o valor engadido do tipo superreducido, para facilitar o seu consumo por parte da poboación.

    E é que á incidencia da crise agora hai que sumar a última subida do IVE, o que provocou que cada día a xente compre peixe menos veces por semana, e ás veces que merca que escolla especies máis asequibles.

    Redacción Salnés