Aser Estévez e David Rañó gañan o Campionato Galego de Ciclismo de Fondo

ciclismomorana250 copia.jpg MORAÑA> A proba discorreu este ano polas estradas de Moraña. Trinta e cinco ciclistas participaron na proba, que incluíu as categorías de elite, gañada por Estévez, e sub-23, na que venceu Rañó. O trazado da competición discorreu por un circuíto pechado de trece quilómetros ó que os corredores deron dez voltas.

{flowplayer}images/salnes/CAMPIONATO_CICLISMO_FONDO_MORANA.flv{/flowplayer}

Aser Estévez, do Grupo Deportivo Froiz, e o padronés David Rañó fixéronse esta mañá co título de gañadores do Campionato Galego de Ciclismo de Fondo en Estrada, Estévez na categoría de elite, e Rañó na sub-23. A proba tivo lugar este ano no concello de Moraña- O trazado da competición artellouse nun circuíto pechado de trece quilómetros que discorreu pola estradas do municipio e que tivo a saída e metan a rúa número seis. En total os 35 corredores que participaron no campionato tiveron que completar dez voltas ó circuíto para suma ros 134 quilómetros dos que constaba a proba.

Foron tres horas e media de carreira que culminaba ó fío da unha e media da tarde e na que participaron ciclistas de cinco clubs de toda Galicia. Desde a Federación Galega de Ciclismo marcharon satisfeitos coas condicións e desenvolvemento xeral da proba. Agora Moraña agarda ó día 18 para acoller de novo ó mellor ciclismo galego. Este día pasará polo municipio a Volta Ciclista a Galicia, contando o concello cunha das Metas Volantes da proba.

Redacción Salnés