CAMBADOS>Un encontro para intercambiar ideas e poñer en común os retos ós que se enfrontan. Ás portas do 8M, o Concello de Cambados impulsou un almorzo de mulleres emprendedoras, co obxectivo de crear sinerxías entre elas.
Sobre a mesa, a necesidade de presentarse fortes ante os retos do mundo laboral. Unha necesidade que pasa polo apoio entre emprendendoras.
Moitas das hoxe presentes están a piques de emprender. Outras, xa co seu negocio en marcha, deron conta das dificultades coas que se atoparon á hora de lanza-lo seu proxecto.
No encontro participaron preto dunha vintena de mulleres.