VILAGARCÍA> O Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Gago, compareceu esta mañá ante os medios de comunicación para valorar…
{flowplayer}images/salnes/170409_porto_vilagarcia.flv{/flowplayer}
… o estado de execución dos proxectos incluídos no Plan de Inversións 2007-2013 e para realizar un balance dos tráficos deste porto no primeiro trimestre deste ano. No tocante as obras, Gago resaltou a execución da terminal de contedores, xa rematada, xunto con outras actuacións xa adxudicadas pero aínda por realizar como son a ampliación do peirao comercial, o novo punto de inspección fronteiriza, o dragado do canal e das zonas de manobra e a remodelación do centro de control.
Asemade, nestes días adxudicaranse outras actuacións importantes para o porto vilagarcián como a asistencia técnica para o proxecto de remodelación do edificio da autoridade portuaria, a modificación do plan especial e o saneamento integral do porto. Todas estas actuacións supoñen un montante superior ós 52 millóns de euros.
Ademais, Gago adiantou importantes novidades sobre a creación dunha nova vía de alta velocidade do ferrocarril no porto. En relación ós tráficos, o presidente do porto vilagarcián fixo un balance máis que positivo do resultado do primeiro trimestre deste ano. Entre outras cousas, salientou que Vilagarcía é o único porto de España que incrementou os seus tráficos, chegando a un aumento de 27.000 toneladas respecto ó ano anterior, un 13,32 %.
Redacción Salnés