O comité clínico suaviza as restricións en Ribadumia e Meis

RIBADUMIA, MEIS> Meis e Ribadumia pasan ao nivel básico de alerta sanitaria. Coas medidas desta fase os hostaleiros poderán aumentar a súa capacidade de ocupación e o seu horario ata as 23 horas. Os alcaldes agardan que isto mellore a campaña de nadal pero piden á veciñanza que non se relaxe.

A baixada de caso activos nos concellos de Ribadumia e Meis permitiu ao comité clínico levantar as restricións nas vilas e pasalas ao nivel básico. Ambos municipios contan a día de hoxe con menos de 10 casos activos. Os concellos son cautos á hora de valorar estas cifras.

Coas medidas desta fase os hostaleiros poderán aumentar a súa capacidade de ocupación e o seu horario ata as 23 horas. Para os alcaldes é unha boa noticia para intentar salvar a campaña de nadal.

A pesar dos bos datos, os alcaldes piden prudencia á veciñanza para que os casos non volvan dispararse.

Outro dos beneficios deste nivel básico é a mobilidade. Os veciños de Meis e Ribadumia poderán desprazarse a calquera vila que se atope na mesma situación, entre elas outra do Salnés, Vilanova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí