Un taxista de Vilanova acusa de intrusismo ós taxistas vilagarciás

    victor_100.jpgVILANOVA> Un taxista de Vilanova, Víctor Abal denuncia o intrusismo profesional que está a supoñer para eles o funcionamento do servicio de…

     {flowplayer}images/salnes/200409_protesta_taxista_vilanova.flv{/flowplayer}

    … Radio Taxi operativo en Vilagarcía. Desde a entrada en funcionamento deste novo sistema, Victor asegura que constatou como os taxistas vilagarciáns traballan sen restriccións neste concello. Víctor Abal asegura que os taxistas de Vilagarcia están a incumprir gravemente a normativa ó anunciarse en medios de comunicación que abarcan máis aló deste concello, e ó recoller e deixar persoas en Vilanova, que é o seu ámbito de actuación.

    Este taxista pensa que esta situación vai a agravarse aínda máis cando chegue o verán, posto que os turistas, no canto de preguntar pola parada de taxi máis próxima adoitan interesarse directamente polos servicios de radiotaxi, co que de novo se van a ver prexudicados.

    A maiores, Abal ante a incompetencia que asegura que teñen as asociacións patronais deste colectivo, anuncia que vai a intentar que outros organismos competentes tomen parte no asunto.

    Outros taxistas de Vilanova non comparten a opinión de Víctor. Aseguran que as prácticas que realizan os vilagarciáns son correctas e que se axustan a legalidade; posto que contan cunha licencia que os faculta para traballar en todo territorio nacional segundo onde os clientes os chamen.

    Redacción Salnés