Os radiotaxistas defenden que traballan dentro da legalidade

    taxista_vila_100.jpgVILAGARCÍA> A Asociación de Taxistas de Vilagarcía ven de saír ó paso das acusacións de intrusismo que recibían onte por parte de Victor Abal,…

     {flowplayer}images/salnes/210409_resposta_radiotaxi.flv{/flowplayer}

    … un taxista de Vilanova. Os vilagarciáns non entenden esta denuncia posto que aseguran que entre os dous colectivos nunca houbo problemas. O delegado da Asociación de Taxis de Vilagarcía, David García, asegura que este colectivo traballa conforme á legalidade existente, polo que están tranquilos ante calquera medida de presión ou control que se poida chegar a adoptar desde Vilanova.

     García asegura que el mesmo se puxo en contacto cos seus colegas de profesión de Vilanova, que lle aseguraron que eles non tiñan ningún problema co seu xeito de traballar, simplemente que se trataba dun caso dun taxista illado. Á marxe da polémica, o colectivo de taxistas de Vilagarcía asegura estar moi satisfeito co resultado da acollida que tivo por parte do público a posta en marcha do servicio de RadioTaxi neste Concello.

    Redacción Salnés