Denuncian vertidos fecais nas fincas próximas ó Eroski de Noia

vertidoeroskinoia_100_21042009.jpgNOIA> As fincas situadas nas inmedicacións do hipermercado Eroski levan anos sufrindo vertidos de augas fecais por mor das obras do centro comercial.

{flowplayer}barbanza/vertidoeroskinoia.flv{/flowplayer}

Seis longos anos leva loitando Eva Santiago porque se recoñezan as irregularidades derivadas da edificación do centro comercial Eroski en Noia. A constución das instalacións obrigou a modificar o cauce do río, o que provocou o constante vertido de augas fecais en fincas privadas, entre elas a da súa propiedade. 

Obras paralizadas

Agora ademais, a sociedade propietaria do centro comercial iniciou un novo recheo, ocupando fincas que nin tan sequera son da súa propiedade, polo que Augas de Galicia vén de paralizar as obras, despois de que Eva Santiago presentara toda a documentación ó respecto.

Do mesmo xeito, permanece paralizada a construción dunha gasoliñeira na zona, para a cal o concello suscribira un convenio con Eroski, a pesar de ser coñeceder da situación irregular denunciada infinidade de veces polos propietarios afectados. Neste sentido, Eva Santiago, arremete contra os gobernos locais, tanto o presidido polo Partido Popular, como o ata o de agora bipartito PSOE-BNG que mantiveron arquivadas nun caixón as súas denuncias.

Accións legais

Agora, despois de que Augas de Galicia lle dera a razon coa paralización da obra ó recoñecer que a finca non é propiedade posto que nin sequera se lle obrigou a Erosmer a presentar a documentación necesaria, Eva Santiago estuda emprender accións legais para que por fin se faga xustiza.

Redacción Barbanza