Caleiro prepárase para unha nova edición de San Isidro con música, gastronomía, concuroso de tractores e festa da escuma

VILANOVA> A música, a tradición e a gastronomía daranse cita na trixésimo quinta edición da festas de San Isidro o labrego de Caleiro. O festexo, que terá lugar o vindeiro sábado 13, contará co tradicional concurso de tractores, as tapas de pan de millo con chourizo e actuación das orquestras New York e Os Coleguitas. As novidades desta edición son unha full track con hamburguesas, que complementará ás ofertas tradicionais de comida como o polbo, e unha festa de escuma para os máis pequenos.

O pasado ano, un grupo de mozos de Caleiro colleu a comisión de festas para recuperar unha festa tradicional da súa vila como é a Festa de San Isidro o Labregro, proba do viño tinto. Neste 2023 regresan con máis forza e co obxectivo de consolidar o festexo. Continuando coa tradición, o vindeiro sábado 13, a música será o preludio da misa.

A previsión da comisión é que a cifra supere as 12 participacións do ano pasado. Tralo concurso, os máis pequenos poderán gozar coa Ludo de Lore e todo os públicos degustar as diferentes ofertas gastronómicas, entre elas o tradicional pincho de pan de millo con chourizo que terá un prezo simbólico dun euro. 

Pola tarde, os grandes protagonistas serán os nenos. A comisión mima aos máis pequenos para manter viva a tradición.

A festa pecharase a altas horas da madrugada coa actuación de dúas grandes orquestras.

Dende o concello de Vilanova mostraron o seu agradecemento e quixeron poñer en valor o traballo da comisión de festas, que permiten que a veciñanza continúe gozando de festas tradicionais.

No festexo tamén participará Xacobe Pérez coa asociación pura raza cabalo galego, facendo unha mostra de cabalos de doma. Unha programación completa para gozar dun gran sábado de música, gastronomía e tradición en Caleiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí