Novo éxito da Feira do Galo de Curral de Meis: 170 exemplares vendidos nunha hora

MEIS> Novo éxito da Feira do Galo de Curral de Meis. Nin unha hora precisaron as vendedoras para esgotar as existencias que onte levaron ata o mercado meisino. Ao redor de 170 exemplares que rematarán nas mesas máis variadas, entre elas as do cociñeiro Yayo Daporta.

170 exemplares esgotados nunha hora. É o resumo do que deu de si a Feira do Galo de Curral de Meis deste 2024.

E é que o galo se ten gañado a pulso a súa fama para ser o prato escollido por moitas familias para estas festas. Mesmo importantes cociñeiros, como Yayo Daporta, réndense aos seus encantos.

A Feira do Galo de Curral encheu de ambiente festivo o mercado e a súa contorna. Unha proposta que se completou cunha actividade dirixida aos máis cativos: a recepción a Papá Noel e unha chocolatada gratuíta.

Tamén repetiu o xa tradicional mercado do Nadal, con postos de artesanía e alimentos ecolóxicos.