RIBEIRA> Localizada en bo estado Sonia Martínez, a veciña de Ribeira, de 49 anos, que se atopaba desaparecida.
O seu fillo presentara o pasado luns denuncia na comisaría da Policía Nacional ó non saber nada dela durante a última semana.
A colaboración cidadá foi clave nos últimos días para poder atopala.
Dende a asociación SOS Desaparecidos, entidade que colaborou na súa busca difundindo a imaxe da muller, confirmaron a boa nova, polo que xa se desactivou a alerta de busca.











