Comezan as obras do centro de talasoterapia do Terrón, en Vilanova

VILANOVA> Arrancan as obras do novo centro de talasoterapia do Terrón, en Vilanova. O proxecto agrupa nun mesmo complexo equipamentos deportivos e acuáticos. O futuro edificio con dous vasos e distintos servizos nun edificio de tres andares. Esta fase do talaso conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega o 50% a través do Plan Extra. Este luns visitaron a zona o presidente provincial e membros do goberno local.

Dúas décadas despois o centro de talasoterapia de Vilanova comeza a facerse realidade.

Os traballos para este novo complexo deportivo e acuático, situado no Terrón, xa están en marcha.  A obra contempla a execución dunha edificación de tres plantas, que estará dotada cun vaso de recreo e con outro de chapoteo, así como un ximnasio e sala multiusos.

Esta primeira fase do talaso está valorada en 1,8 millóns de euros dos que a Deputación achega o 50%.

Turismo de Galicia achega o outro 50% desta parte do proxecto. A seguinte fase, a do percorrido termal, financiarase con fondos europeos EDIL, cun millón de euros captado a través de Mar de Santiago.

O alcalde avanza, ademais, a renaturalización desta contorna.

O presidente provincial aproveitou para lembrar que a colaboración da Deputación con Vilanova ao longo deste mandato en plans de cooperación ascende a 5,4 millóns de euros, incluíndo a renovación do céspede de campos de fútbol  ou a mellora de estradas como a de Baión.