Ravella dá 5 anos a Megasa para resolver a súa situación

    megasa100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía dá cinco anos de prazo a Megasa para arranxar a súa situación de ilegalidade urbanística.

    {flowplayer}images/salnes/MEGASA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía dá cinco anos de prazo a Megasa para arranxar a súa situación de ilegalidade urbanística. Así o anunciaron hoxe a alcaldesa e mailo edil de Xestión do Territorio.

    Segundo Marcelino Abuín, unha vez resolto o problema de calidade medio ambiental, a fábrica, situada en pleno casco urbano, segue fóra da ordenación. O que se buscou con esta solución é garantir os 150 postos de traballo que xera e ademais, preservar os intereses dos veciños, que levan anos denunciando os problemas que lles ocasiona esta empresa.

    Nestes cinco anos, o Concello cre que a empresa ten tempo para resolver a súa situación. O edil de Xestión do Territorio indicou que o traslado parece a solución máis viable. O que non se resolveu inda é se o novo emprazamento seguiría en Vilagarcía.

    Redacción Salnés