Peña solicita un encontro con Feijoo para falar dos proxectos municipais

    salome_pena100_280409.jpgRIBADUMIA> A alcaldesa, Salomé Peña, remitiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a petición para reunirse …

    … o antes posible e poder tratar varios temas prioritarios para o Concello.

    Deste xeito, Peña quere poñerse a traballar canto antes nos novos proxectos que se van a executar en colaboración coa Xunta e, principalmente, recuperar os proxectos que o anterior Goberno, di, tivo abandonados durante catro anos.

    Na axenda, a alcaldesa incluíra os programas municipais para fomentar a conciliación familiar, persoal e laboral; tódalas infraestruturas deportivas pendentes das axudas autonómicas; e a innovación tecnolóxica. Neste último caso falará da instalación da rede wifi no resto de parroquias do municipio e o desenvolvemento do programa de modernización tecnolóxica, que permite achegar a administración ao cidadán as 24 horas do día.

    A alcaldesa tamén solicitará reunións con novos conselleiros. Entre outros asuntos pretende recuperar proxectos como o de saneamento integral, a limpeza das marxes do Umia, ou as obras pendentes do desdobramento da Vía do Salnés.

    Redacción Salnés