Daniel Bargiela gaña a Media Maratón de Vilagarcía

maraton250_290409.jpgVILAGARCÍA> Máis dun milleiro de atletas déronse cita na IV Media Maratón Concello de Vilagarcía, disputada esta pasada fin de semana. O ponteareano Daniel Bargiela foi o máis rápido en completar o percorrido de 21 quilómetros tras impoñerse no sprint ó portugués Rui Teixeira.

{flowplayer}images/salnes/maraton_280409.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> A cuarta edición da Media Maratón Concello de Vilagarcía, Carreira pola Igualdade, encheu a capital arousá de atletas soleada mañá do domingo.

Foron un total de 1.155 corredores os que tomaron a saída colocada na Avenida da Mariña ás 10 e media da mañá e maior parte deles foron quen de completar os algo máis de 21 quilómetros dos que constaba a proba. Moita xente botouse tamén ás rúas para ver o desenvolvemento da carreira, que contou cun circuito de 7 kilómetros de lonxitude ó que había que dar tres voltas e que levaba ós atletas dende á Mariña ata a zona do Preguntoiro en Vilaxoán.

No primeiro paso por meta catro corredores formaban o grupo de cabeza. Daniel Bargiela, Óscar Piñeiro e os portugueses Rui Teixeira e Tiago Costa. Na segunda volta Costa e Piñeiro cederon terreo; finalmente serían terceiro e cuarto respectivamente. A meta volante situada ós dez quilómetros foi para Bargiela, que gañoulle no sprint ó seu compañeiro de fuga, Rui Texeira. E eles dous serían os que se disputarían a victoria, nun final moi apretado ó que o ponteareano demostrou chegar con máis forzas para levarse o título e o primeiro premio. O seu tempo 1 horas 7 minutos 13 segundos, un menos que o marcado polo luso. Para Portugal si que se foi o título feminino.

Patricia Pereira, levouse os 750 euros da gañadora tras empregar algo máis de 1 hora e 16 minutos en cubrir os 16 quilómetros. A Media maratón Concello de Vilagarcía repartiu 5000 euros entre os gañadores das trece categorías que entraba en liza, destinando a mesma cantidade de cartos para homes e mulleres. Este ano batíuse o record de participación.

Redacción Salnés