As instalacións de Boiropadel acollerán esta fin de semana o I Torneo de Reis

BOIRO> Os próximos días 7, 8, 9 e 10 de xaneiro celebrarase nas instalacións de Boiropadel, no polígono industrial de Espiñeira, a primeira edición do Torneo de Reis. A cita contará coa participación de preto das cen parellas entre homes, mulleres e mixtas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia. Haberá cinco categorías con importantes premios en metálico e tamén en equipamento deportivo para os gañadores. Está prevista a presenza de destacados padelistas galegos como é o caso de Sebas Lafón, Boris Botikale, Fernando Clavario ou Jorge Rodríguez. O prazo de inscrición aínda está aberto, podéndose realizar a través da páxina web www.mistorneosonline.es.