Un veciño de Outeiro denuncia o mal estado da pista que dá acceso ás vivendas

RIANXO> Un veciño do lugar de Outeiro, en Rianxo, denuncia o mal estado da pista que dá acceso á súa vivenda. As obras de abastecemento que se están a executar agravaron o deterioro do camiño que leva anos sen apenas mantemento.

O pasado mes de setembro iniciábanse as obras para renovar a rede de abastecemento no lugar de Outeiro, na parroquia rianxeira de Taragoña. Uns traballos que, a pesar de contribuír a mellorar os servizos básicos na aldea, están a ocasionar importantes molestias ós veciños. A pista principal que dá acceso ás vivendas quedou en moi mal estado, con numerosas fochancas, grava e terra solta que nos días de chuvia discorren pola vía e mesmo chegan a anegar parte dalgunhas vivendas.

A pesar de que a situación se tornou máis grave dende que se iniciaron as obras, este veciño denuncian que xa antes o camiño se atopaba en moi mal estado posto que o mantemento realizado nos últimos anos é insuficiente.

Ante esta situación  xa se puxeron en contacto co concello para demandar que se pavimente a vía pero de momento non obtiveron resposta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí