Sanxenxo acada en agosto unha das cifras máis altas de turismo cunha ocupación hoteleira do 87%

SANXENXO> Sanxenxo pecha o mes de agosto cunha ocupación dun 87% no establecementos hoteleiros. O sector mellora en 20 puntos os datos do ano pasado e sitúanse en niveis similares aos do 2019. A clave deste éxito reside no bo traballo e na seguridade dos establecementos sanxenxinos.

Sanxenxo volve situarse en cifras históricas de turismo. Coa mellora da situación sanitaria do mes de agosto, a vila recuperou a súa gran demanda. E o fixo superando todas as expectativas. Sanxenxo pecha o mes cunha ocupación hoteleira dun 87%, 20 puntos máis que o ano pasado e moi próximo a cifra histórica do 91% do ano 2019.

Dende o Cets sinalan que a clave deste éxito está no bo traballo e na seguridade do sector hoteleiro, na fidelidade dos clientes e na colaboración co concello.

Os meses máis fortes pasaron, pero a campaña continúa para un sector hoteleiro que agarda manter as boas cifras no mes de setembro.

A preocupación para o sector comeza a partir de outubro. A incerteza é máxima nos últimos meses do ano especialmente debido á evolución pandemia. Dende o sector desexan que a situación sanitaria non volva empeorar e poder traballar ao final do ano. Tamén agardan recuperar a actividade co regreso dos grupos organizados.