Tourís renuncia á acta como alcalde despois de ser nomeado delegado

    touris100.jpgCAMBADOS> O primeiro edil delegou no segundo tenente de alcalde no pleno municipal que se celebrou, na tarde do xoves.

    Comezan os cambios no concello de Cambados, despois de que se saiba oficialmente o novo destino político do alcalde. José Manuel Cores Tourís deixa o concello en mans do seu segundo tenente da alcaldía, Luis Aragunde. Un político de 37 anos de idade que entrou no concello no ano 2001, sustituindo a Ramón Charlín. Ata o de agora levava as áreas de Persoal, Servizos e Réxime Interior.

    Aragunde será investido nun pleno extraordinario, que se celebrará nos primeiros días de maio. Hoxe renunciou tamén a segunda de a bordo de Tourís, no concello de Cambados. Anabel Carro acompañará a Cores Tourís na súa nova etapa na Xunta e formará parte do seu gabinete, na delegación territorial. Carro deixa o seu posto como primeira tenente de alcalde pero non a súa acta como concelleira. Os seguintes candidatos, na lista do PP local son Mar Cacabelos e Antonio Iglesias,q eu poderían incorporarse ao concello nas vindeiras semanas.

    Tourís deixará hoxe a política local despois de 22 anos no concello de cambados, 11 como alcalde e outros tantos como concelleiro. Amais no currículo de Cores Tourís figuran cinco anos na presidencia da Mancomunidade do Salnés e nove anos como senador, na cámara alta. Unha experiencia que lle servirá na súa nova etapa, na que buscará o consenso cos alcaldes dos concellos incluídos na delegación territorial de Pontevedra.

    O alcalde de Cambados asegura que é o momento de deixar o concello en mans de xente máis nova pero igual de preparada. Cores Tourís afirma que se vai tranquilo coa confianza de deixar, tras de si un bo equipo encabezado por Luis Aragunde.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/300409_insertos_cambados.flv{/flowplayer}