O SALNÉS> O BNG cualifica de “electoralistas e desesperados” os orzamentos da Xunta para 2024. Para a comarca do Salnés, os nacionalistas presentarán unha batería de emendas por máis de 38 millóns de euros. Salientan as partidas para Sanidade, con partidas específicas para os centros de saúde de Vilagarcía ou Meis. Tamén outro capítulo, de tres millóns de euros, para que o goberno galego merque o Pazo de Montesacro, en Cambados, e o converta nunha residencia pública.
O BNG é moi crítico coas contas da Xunta para o ano que vén. Insisten en que os 12 millóns que aparecen no borrador dos orzamentos para proxectos específicos son moi escasos, polo presentaron hoxe unha batería de emendas a esas contas centradas na comarca. Superan os 38 millóns de euros. Destacan as propostas en materia sanitaria, con partidas específicas para os novos centros de saúde de Vilgarcía, O Grove ou Meis.
Detecta tamén o Bloque numerosas eivas nos centros de ensino da comarca, reclamando a reforma de media ducia de colexios e institutos, así como a construción do ximnasio do IES Monta da Vila do Grove.
En materia social, salienta a emenda do BNG a prol da compra do Pazo de Montesacro, en Cambados, para convertelo nunha residencia pública.
Tamén entenden no BNG que o goberno galego esqueceuse de atende-las necesidades do sector do mar. As emendas neste ámbito roldas os 16 millóns de euros, salientando a recuperación do paseo do Cantiño na Illa ou o novo porto do Corgo.
Completan as emendas do BNG propostas como a demolición do encoro da Baxe, un convenio para a resturación do Pazo de Torrado, en Cambados ou a creación do cuarto xulgado de Vilagarcía.











