O BNG de Catoira rexeita que o concello leve a IC a xuízo

    CATOIRA > A corporación municipal de Catoira acordou emprender accións xudiciais contra os membros de Independentes por Catoira, José Antonio Catoira e Luis Rey. A proposta formulada polo alcalde recibiu os votos do PSOE e PP. O BNG votou en contra porque entende que estas continuas disputas xudiciais están a desacreditar a imaxe do concello.

    O concello de Catoira iniciará accións xudiciais contra os dirixentes do grupo Independentes por Catoira. As continuas denuncias presentadas por José Antonio Catoira e Luis Rey Lajos contra diversas obras e actuacións promovidas polo alcalde foron na súa maioría desestimadas polos respectivos xulgados. O rexedor Alberto García entende que este modo de proceder constitúe un fraude legal polo que propuxo ante o pleno da corporación iniciar accións xudiciais contra Catoira e Rey Lajos.

     

    O alcalde contou co apoio do PSOE e PP pero non do BNG. O grupo nacionalista dixo non estar a favor de xudicializar a vida política e cre que non se debe usar este recurso para intimidade a discrepancia coa xestión do alcalde. O BNG considera tamén que deste xeito se está a desacreditar a imaxe do concello. Unha postura que o rexedor non compartiu, tendo en conta os gastos que os continuos xuízos lle ocasionaron ó concello.

    Redacción Salnés