O BNG presentará dez emendas para corrixir as eivas dos Orzamentos da Xunta co Barbanza

BARBANZA> O BNG presentará dez emendas ós orzamentos da Xunta para o próximo ano co obxectivo de corrixir a ausencia de partidas consignadas para esta comarca. As propostas dos nacionalistas céntranse nos servizos públicos e na mellora das infraestruturas.

En total serán dez as emendas presentadas polo BNG ós orzamentos da Xunta do vindero ano referidas á comarca do Barbanza que suman no seu total máis de 1’7 millóns de euros. A maioría delas centradas na atención social, a sanidade e as infraestruturas. Eidos todos eles esquecidos segundo os nacionalistas polas políticas continuistas do Partido Popular.

A atención social e a sanidade volven a ser prioridades para os nacionalistas. De aí que rexistren emendas para o arranxo do actual centro de saúde e a escola infantil da Pobra ou para a residencia de Ribeira e o centro de día de Rianxo. En canto a infraestruturas destaca tamén o estudo técnico para dotar á comarca dunha liña ferroviaria.

Tamén se inclúen nas emendas do BNG melloras varias no porto da Pobra, a reforma do Pazo do Martelo en Rianxo para modernizar a biblioteca ou a construción dunha segunda depuradora en Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí