RIANXO> A nova factoría de Stolt Sea Farm en Rianxo estará operativa en 2028. A firma investirá no proxecto máis de 40 millóns de euros e creará preto de 200 empregos directos.
Satisfacción no seo do goberno rianxeiro ante o avance das obras da futura nave de Stolt Sea Farm no polígono de Té. Aínda que onte tiña lugar o acto simbólico de colocación da primeira pedra, hai xa meses que se iniciaron os traballos coa previsión de que a planta poida estar operativa en 2028.
Este gran investimento pon de manifesto a transformación empresarial de Rianxo nos últimos meses coa implantación de numerosas empresas e o cen por cento da superficie do polígono ocupado.
Unha das prioridades do presente mandato é a dotación de novo chan industrial que precisaría dunha nova localización e o esforzo inversor doutras administracións.











