Máis de 3.500 traballadores están chamados á folga do metal no Salnés

    folga_metal_100_060509.jpgSALNÉS> As asembleas de traballadores convocaron o paro en toda a provincia ante a negativa da Patronal de negociar un novo convenio.

    {flowplayer}images/salnes/060509_folga_metal_INFORMATIVO_NOITE.flv{/flowplayer}

    O sector do metal suma na provincia de Pontevedra preto de vinte e tres mil empregados. Sindicatos e asembleas de traballadores convocáronos a parar durante dous días a actividade ante a negativa da Patronal de sentarse a negociar un novo convenio. Aínda que o groso das manifestacións se está a concentrar en Vigo, os sindicatos aseguran que no Salnés o paro está a ser secundado por case todo o sector, que abrangue a máis de tres mil cincocentas persoas.

    As asembleas de traballadores decidiron convocar a folga ante a negativa da Patronal a sentarse a negociar un novo convenio. Onte pola tarde estaba previsto que empresarios e representantes sindicais mantiveran unha xuntanza en Vigo para achegar posicións. A Patronal non asistiu e os traballadores responderon cun paro de dous días. Demandan unha subida salarial, a redución da xornada e a firma do convenio por un ano.

    No Salnés o piquete partía ás seis da mañá das centrais sindicais para percorrer as principais empresas do sector. As mobilizacións seguirán mañá.

    Nesta comarca a folga estase a desenvolver sen incidentes, a pesar de que a Garda Civil e a Policía Local seguiron ó piquete no seu percorrido. Sindicatos e traballadores agardan que a Patronal reaccione e acceda a sentarse a negociar. De non facelo, unha vez rematadas as dúas xornadas de paro, decidirán que novas medidas adoptar.

    Redacción Salnés