Tito Díaz negocia co Extrugasa a súa renovación

tito250_060509.jpgVILAGARCÍA> Despois do seu descenso o Extrugasa comeza a planificar xa o ano que ven. A directiva mantivo onte unha reunión con Tito Díaz para adiantar as negociacións co técnico lucense de cara á súa renovación. En canto ó plantel, preténdese dar un maior protagonismo ás xogadoras da base.

No seo do Extrugasa comeza a prepararse xa a temporada que ven, que pretende ser a da volta á máxima categoría do baloncesto feminino nacional. O equipo directivo está a traballar durante estas semanas na captación de apoios que lle permitan saber canto antes o presuposto co que van a contar para a 2009-2010.

Na cúpula do conxunto vilagarcián consideran que o primeiro paso é coñecer as posibilidades económicas para logo confeccionar un plantel no que o adestrador sempre tería a última palabra.

Respecto ó técnico, a continuidade de Tito Díaz é bastante probable. Na tarde de onte reuníronse ambas partes para achegar posturas e tras un primeiro contacto satisfactorio o acordo podería facerse efectivo a finais desta semana ou a principios da que ven, cando manteñan unha segunda xuntanza.

Pase o que pase na renovación de Tito Díaz o que semella bastante probable é que a gran maioría das xogadoras non continuarán co equipo en LF2. As Iziane Castro, Taru Tuukannen e compañía deixarán o equipo. Tamén podería facelo a capitana Sara Gómez, que xa recibíu ofertas de varios equipos de Liga Feminina despois de expresar o seu desexo de seguir na máxima categoría. Ademais, é xogadora libre para negociar, xa non lle une ningún contrato ó Extrugasa.

O que se pretende no club vilagarcián é facer unha forte reestructuración na base, darlle un peso maior á canteira para sacar a xogadoras que poidan nutrir nun futuro ó primeiro equipo, e reducir así a diferencia que con outros clubes teñen á hora de fichar a base de talonario. As júnior Alejandra Nogueira e Andrea Ríos, terán un maior protagonismo a vindeira temporada.

Redacción Salnés