200 participantes daranse cita na Andaina Solidaria Art for Dent

RIBEIRA> Ribeira acollerá o sábado 21 de marzo a Andaina Solidaria Art for Dent. Esta terceira edición, que agarda reunir a 200 participantes, farase en horario vespertino con saída ás seis e media da tarde dende a praza de España e chegada ó miradoiro da Pedra da Rá coincidindo co solpor.

Un ano máis, os ribeirenses aportarán o seu gran de area para seguir avanzando na investigación da enfermidade de Dent, unha doenza rara que provoca insuficiencia renal e da que só se coñecen uns 10 casos en toda Galicia e e menos de medio cento a nivel estatal.

A andaina para recadar fondos terá lugar o sábado 21 con saída ás seis e media da tarde dende a Praza de España e chegada ó emblemático miradoiro da Pedra da Rá.

Os interesados en participar poden realizar as súas inscricións na web de galitiming. O prezo é de 5 euros para adultos e 3 para nenos menores de 12 anos. Coa inscricións entregarase unha gorra como agasallo ata esgotar existencias. Ademais da andaina, este ano a asociación organizará unha charla divulgativa sobre a enfermidade a cargo de dous especialistas que terá lugar o venres no auditorio municipal.