Ruíz apela á responsabilidade da oposición para sacar adiante o orzamento e poder cadrar as contas

RIBEIRA> O alcalde tratou de xustificar as principais razóns que o levan a presentar agora uns orzamentos municipais, apenas a un mes do remate do ano. Segundo el unha delas sería o feito de poder adecuar as contas á realidade dos gastos do actual exercicio.

O feito de poder dispor dun orzamento permitiríalles tamén poder aumentar as partidas para o Servizo de Axuda no Fogar e o comedor escolar, así como tamén dar cumprimento a diversos acordos plenarios que foron aprobados sen respaldo económico.

Razóns todas elas, segundo el, o suficientemente importantes, polo que apela á responsabilidade de tódolos grupos para poder aprobalos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí