Uns orzamentos ‘austeros’ que garanten a atención social

    pleno_orzamentos_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> O goberno municipal sacou adiante en solitario os presupostos para este ano, que roldan os 2,5 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_ORZAMENTOS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> O goberno municipal de Ribadumia sacou adiante en solitario os presupostos para este ano, que roldan os 2,5 millóns de euros. A cantidade é inferior á de 2008, que superaba os 2,7 millóns.

    O PP defende estes como uns presupostos austeros pero que garanten a atención social. A alcaldesa xustificou a redución do orzamento na diminución dos ingresos locais, sobre todo na recadación do imposto de construción e nas licencias de obra, pero tamén pola redución dos tributos do Estado, 241 mil euros menos. Sen embargo, a oposición botou máis en falta as achegas da Deputación.

    Tanto Independentes por Ribadumia como BNG votaron en contra. Criticaron que se dedique un 80 por cento do orzamento a gastos correntes e de persoal, e que, pola contra se diminúan os investimentos e as achegas a asociacións.

    Entre os investimentos recollidos no orzamento figuran partidas para concluír a carballeira de Barrantes, para o tanatorio, e para alumeado e saneamento. O Concello destaca que a maiores deste presuposto hai que incluír a ampliación da gardería, o saneamento de Lois e a reforma da Casa de Cultura de Ribadumia para o Centro de Acollida de Maiores.

    Redacción Salnés