ICBoiro cuestiona as sancións por incumprir o horario de recollida do lixo

    velolixo_100_080509.jpgBOIRO> Ó igual que xa fixera o Partido Popular, Iniciativa Cidadá de Boiro vén de facerse eco das queixas veciñais ante o novo horario da recollida do lixo.

    {flowplayer}barbanza/velolixo.flv{/flowplayer}

    As sancións, de ata 1.500 euros, que se poden impoñer a aqueles que depositen o lixo fóra do horario establecido ou sen respectar os contedores para cada tipo de residuos carecen de base legal. Así o afirma o portavoz de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, xa que o artigo 181 da lei tributaria, no que se apoian estas sancións, non ten relación algunha coas taxas

    Os edís independentes consideran ademais que se trata dunha cantidade excesiva e que o novo horario non ten en conta as necesidades dos cidadáns e, en especial dalgúns sectores como o hostaleiro que incrementan a súa actividade durante as fins de semana e, polo tanto, producen máis lixo.

    Servizo deficiente

    Fronte ó afán recadatorio do executivo, ICBoiro contrapón as deficiencias nos servizos que presta posto que, din, os contedores non están ben distribuidos e a recollida non se realiza de forma axeitada.

    Por estas razóns, instarán ó goberno local a mellora-los servizos públicos sen necesidade de incrementar os impostos ata límites que consideran abusivos.

    Redacción Barbanza