Preto de 400 empresas de Ribeira beneficiáronse do PEL Reactiva da Deputación da Coruña

RIBEIRA> A aprobación do PEL Reactiva por parte da Deputación da Coruña supuxo unha inxección económica de 600 mil euros para o tecido empresarial de Ribeira. O concello achegou 225 mil euros mentres que a contía restante foi asumida pola administración provincial.

As axudas, ás que concorreron un total de 381 solicitudes, dividíronse en tres liñas. Esta inxección económica, próxima ós 600 mil euros, vense sumar ós 130 mil que xa foron repartidos no marco do Plan Reactiva Ribeira con cargo ás arcas municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí