20 persoas formaranse nun obradoiro de emprego de Cambados que renovará as sendas peonís

CAMBADOS> 20 desempregados de Cambados formaranse nas especialidades de albanelaría e carpintería. A vila presentou e deu inicio este luns a unha nova edición do seu obradoiro de emprego. Entre os proxectos que realizarán os participantes destacan as melloras nas sendas peonís da vila.

Despois dun ano de parón, o concello de Cambados, en colaboración coa Xunta de Galicia, volven a poñer en marcha o obradoiro de emprego. No curso de formación profesional participarán este ano 20 persoas que se formarán nas especialidades de albanelería e carpintería.

Os participantes recibirán clases teóricas e, sobre todo, prácticas. Nestes traballos, o obradoiro desempeñará varios proxectos para mellorar diferentes zonas da vila. Este ano destacan os traballos que realizarán para renovar as sendas peonís de Cambados.

O obradoiro esta financiado poma xunta de Galicia. Dende a administración autonómica decidiron este ano aumentar a duración do curso a un ano, en lugar dos 9 meses anteriores.

Os participantes xa comezaron este luns coas clases teóricas. Ademais da súa formación recibiran un salario e ao remate entregaráselles un certificado que garante a súa profesionalidade e lles abre as portas do mercado laboral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí