O “Vai Bike” estará disponible cara o verán

    VILAGARCÍA> Dúas empresas optan a xestionar o servizo municipal de bicicletas “Vai Bike”  no concello de Vilagarcía.

    O contrato ten un prezo de licitación de 65.000 euros anuais durante catro anos, aínda que no primeiro exercicio que comeza a metades de ano redúcese a algo menos de 40.000€. O Concello porá a disposición da empresa as bicicletas, 5 estacións de aparcamento, un baixo no Auditorio como almacén, o software das bicicletas e o quiosco de Cadavelo como punto de tramitación de altas e baixas das tarxetas de usuario. A adxudicataria deberá comprometerse a prestar atención ao usuario, realizar tarefas de mantemento e revisar  o parque móbil a diario e garantir un horario mínimo que será en inverno de 7 e media da mañá a 9 da noite de luns a sábados e de 10 a 9 e media os domingos e festivos e en verán de 7 e media da mañá a 10 e media da noite entre semana e de 10 a 10 festivos e domingos. O concello espera poder pór en marcha o servizo o 1 de xuño.