![]()
PONTEVEDRA> Algunhas estrelas do deporte aproveitan o seu tirón mediático e a súas posibilidades económicas para enrolarse en proxectos humanitarios e solidarios, algo que sen dúbida os engrandece aínda máis. Un dos maiores expoñentes do deporte galego, Javier Gómez Noya, presentou hoxe as escolas deportivas que xunto á ONG Maestros de la Supervivencia puxeron onte en marcha en Colombia.
{flowplayer}images/salnes/GomezNoya_120509.flv{/flowplayer}
A ONG Maestros de La Supervivencia presentou hoxe xunto a Javier Gómez Noya as novas escolas deportivas abertas onte en Colombia e que serán apadriñadas polo triatleta e polo tanto levarán o seu nome. Maestros instalouse recentemente en Pontevedra e as súas actividades foran seguidas de preto por Gómez Noya, que ofreceulles a súa colaboración para calquera tipo de proxecto.
Estas escolas deportivas, serán un complemento importante para os demais traballos levados a cabo pola ONG, que dispón duns comedores nos que controlan a nutrición e a saúde de pequenos e maiores. Onte foron inauguradas nos barrios marxinais de Fusagasugá e Zipaquirá, no extrarradio de Bogotá; alí, un centenar de rapaces aprenderán a practicar diferentes disciplinas deportivas que lle axuden a captar os valores de tolerancia e respeto, e sobre todo, que lles afasten dos perigos das rúas.
Outros atletas de élite, como a medillsta mundial de 800 metros Mayte Martínez, xa expresaron o seu desexo de enrolarse á ONG para apadriñar este tipo de programas.
Redacción Salnés








